Qué facer se te maltratan?
-
No caso de ter sufrido unha agresión ou ameaza, debes comparecer ante calquera Comisaría de Policía ou Cuartel da Garda Civil para proceder a efectuar a denuncia do agresor e solicitar unha orde de protección urxente.
Tamén tes que coñecer que cando esteas en perigo ou conxuntamente cos teus fillos podes abandonar o domicilio sen incumprir o deber de convivencia, sempre que no prazo de 30 días solicites unhas medidas provisionais ou presentes demanda de separación.
-
Ademais de seguir as medidas do plan de seguridade, se sofres unha agresión, é necesario que realices algunhas actuacións que serán de grande utilidade nos procedementos xudiciais, penais ou civís, que inicies con posterioridade. A maioría destas actuacións tenden a que quede aprobada a realidade da agresión e outras teñen como finalidade a túa protección.
- CHAMA Á POLICÍA, dá o teu nome e a dirección onde te encontras e solicita axuda. A Policía mandará unha patrulla ao lugar onde aconteceu a agresión; mentres esta chega é conveniente que sigas rigorosamente as súas indicacións. É posible que a Policía proceda á detención do agresor, trasladándoo á Comisaría.
-
Se podes, AVISA A ALGÚN VECIÑO/O FAMILIAR QUE POIDA PRESENCIAR e posteriormente declarar como testemuña no procedemento xudicial sobre:
O teu estado físico (golpes, feridas, erosións, inchazos, etcétera) e anímico (medo, angustia) despois da agresión.
A situación física e anímica dos/ás fillos/ás.
Os danos producidos na vivenda, as roupas, os aparellos...
A actitude do agresor. - RECOLLE Y GARDA toda a DOCUMENTACIÓN PERSOAL túa e das túas fillas/vos (DNI, Tarxeta de Residencia ou Pasaporte, Libro de Familia, Cartilla ou Tarxetas da Seguridade Social, libreta, talonario ou tarxeta bancaria...) así como aquela que vai resultar útil nos procedementos xudiciais (DOCUMENTOS ACREDITATIVOS DOS INGRESOS Y DOS GASTOS FAMILIARES: nóminas, xustificantes de pagamento de horas extras, recibos do aluguer, facturas de electricidade, teléfono, seguro médico, pediatras, farmacia, supermercado, gastos de escolaridade das/os fillas/vos e actividades extraescolares; DOCUMENTOS ACREDITATIVOS DE AGRESIÓNS ANTERIORES: denuncias, informes médicos, sentenzas, etcétera.
- Conserva todos os XUSTIFICANTES DOS GASTOS QUE SE PRODUZAN COMO CONSECUENCIA DA AGRESIÓN (gastos médicos, farmacéuticos, desprazamentos...) Toda esta docuemntación necesitarala para acreditar os danos económicos que a agresión supuxo e reclamar o seu importe ao agresor.
- SE SE PRODUCIRON LESIÓNS FÍSICAS, ademais das anteriores actuacións, é conveniente que sigas as seguintes recomendacións:
- ASISTE A UN CENTRO MÉDICO-SANITARIO. O parte médico de urxencias será remitido ao Xulgado de Garda. É conveniente que expliques con precisión todas e cada unha das lesións sufridas, se tamén che forzou a manter relacións sexuais e se tes sinais de agresións anteriores.
- TOMA FOTOGRAFÍAS DAS LESIÓNS. Ten en conta que é posible que pasen días ata que sexas citada polo Xulgado para que o médico forense examine as lesións sufridas e para entón estas puideron desaparecer totalmente. Será de grande axuda que ti poidas achegar fotografías nas que poidan observar as lesións tal e como eran nos días inmediatamente posteriores á agresión.
- ACODE AO MÉDICO DE FAMILIA. Pon en coñecemento os feitos sucedidos para que poida realizar un seguimento da lesións. Non esquezas que as lesións son tanto as físicas coma as psíquicas.
- GARDA COPIA DE TODAS AS RECEITAS E INFORMES MÉDICOS. É moi importante que teñas no teu poder documentos médicos acreditativos de todas as consultas e asistencias médicas que necesitases para curar as túas lesións.
- SE FUCHES OBRIGADA A MANTER RELACIÓNS SEXUAIS non te laves e acude ao servizo de Urxencias ou de Xinecoloxía do Hospital, explícaos como aconteceron os feitos sen avergonzarte por iso.
- SOLICITA ASESORAMENTO XURÍDICO: Coñecer os teus dereitos axudarache a tomar as decisións axeitadas.