Qué é?

Dende a Declaración da ONU sobre Eliminación da Violencia contra as Mulleres, aprobada o 20 de decembro de 1993 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, utilízase o termo "violencia de xénero ou violencia contra as mulleres", para referirse a "todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para as mulleres, inclusive as ameazas de tales actos, a coacción ou privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública ou privada".

Posteriormente, na Conferencia Mundial sobre a Muller, celebrada en Beijing no ano 1995, nomeouse o termo violencia de xénero, para explicitar que "a violencia contra a muller impide o logro dos obxectivos da igualdade de desenvolvemento e Paz, que viola e menoscaba o disfrute dos deberes e dereitos fundamentais" instando a todos os Gobernos a "adoptar medidas para previr e eliminar esta forma de violencia".