Perfil do maltratador@*
1- Manteñen un sistema de crenzas baseado nos mitos culturais acerca da masculinidade e da inferioridade da muller.
2- Teñen dificultades para expresar os seus sentimentos por consideralo signo de debilidade, o cal leva a que os conflitos sexan resoltos violentamente por non saber facelo doutro xeito.
3- Encóntranse emocionalmente illados, xa que non contan con quen falar dos seus problemas ou dos seus sentimentos.
4- Recorren frecuentemente ao uso de racionalizacións para explicar a súa conduta violenta, sostendo que é a muller quen os provoca, que non pode controlarse ou que non sabe o que fan
5- Perciben que a súa autoestima e o seu poder se encontran permanentemente ameazados e, ante a sospeita da perda de control, intentan retomalo a través da forza
6- Mostran unha actitude externa autoritaria que oculta a súa debilidade interior.
7- Ao non recoñecer a responsabilidade polos seus actos, dificilmente piden axuda para resolver os seus problemas.
8- Discrepancias entre o comportamento en público e o comportamento en privado: teñen unha imaxe de persoa amigable e correcta e isto leva a que os familiares e veciños consideren a muller esaxerada e histérica. Esta imaxe de home respectable acentúase máis se este ten unha profesión como avogado, médico, xuíz, ministro etc.
9- Minimizar e negar: consideran de pouca importancia as agresións á muller e mesmo as negan.
10- Culpar os demais: segundo eles, é a muller quen os provoca e quen merece ese trato.
11- Manipulación dos fillos e fillas aparecendo ante eles como vítima dos caprichos da muller.
Accións que delatan a un maltrad@*r
Preséntanse aquí unha serie de recomendacións para evitar aos maltratadores: Sonnos estratexias seguras, pero supoñen unha gran diferenza se as comparas coa credulidade e boa fe que moitas mulleres ofrecen como resposta á manipulación e a mentira habituais:
- Pon atención, ante todo, ao que fai, non ao que di. Observa se é certo o que di sobre o seu mundo de amizades, da súa familia, sobre o seu pasado: outras relacións, estudos e traballos efectuados, etc. Se determinados plans ou promesas rompen - con certa frecuencia- pola súa causa, ou por "accidente", descobre cales son as razóns diso.
- Fíxate se ten amigos de verdade. Non só coñecidos ou compañeiros de traballo. Avalía como fala das persoas que coñece, especialmente se el se cre moi superior ou despreza moita xente.
- Ten cambios de humor dífíciles de explicar? É dicir tes problemas para predicir como vai reaccionar ante determinadas situacións? Teñen accesos de cólera pouco apropiados?
- Observa se ten actos de crueldade, aínda que non sexan moi notables, cara a ti ou cara a outras persoas, ou mesmo cara a animais.
- Fíxate se é capaz de arrepentirse de verdade cando recoñece que fixo algo mal. Non abonda con que o diga, nin sequera que chore (coñeces a expresión "bágoas de crocodilo"?). O arrepentimento leva consigo unha pegada emocional, unha dor psíquica que supón un intento de reparación e un proceso de cambio.
- Xeralmente quererá ter razón, terá unha forma ríxida de pensar. Se che responde que "quizais teñas razón" farao de modo condescendente, case con desprezo. Non valorará en absoluto as túas opinións ou puntos de vista sobre algo.
- Quererá controlarte, meterse de modo insistente na túa vida e farao con moita persistencia. A necesidade de control é omnipresente na vida do psicópata, tanto no seu ámbito laboral como social. Iso xéralle problemas -que el intenta ocultar - con compañeiros de profesión, xefes, amigos, familiares, etc.
- Recorda que el é encantador e intelixente, non o xulgues nunca polo seu aspecto exterior; intenta ver se os seus sentimentos van máis alá do superficial. Por exemplo, mira se determinados acontecementos que deberían terlle afectado (porque lle suceden a el e non a ti, ou a outras persoas supostamente importantes para el) prodúcenlle reaccións que ti poidas cualificar como compaixón, piedade, simpatía profunda, alegría (por cousas positivas que non lle suceden a el), xenerosidade, sacrificio, etc. Observa se cando actúa de xeito xeneroso pode haber un obxectivo último oculto (que lle deban un favor, causar unha boa impresión, etc.)
Datos extraidos do Libro "Amores que matan" de Vicente Garrido. Editorial Algar.