Mitos

MITOS ACERCA DAS MULLERES MALTRATADAS

 

MITOS

REALIDADE

A vítima dixo ou fixo para provocar o abuso.

A conduta violenta non necesita causas para desencadearse, pero si ten escusas.

Ás mulleres maltratadas, gústalles que os peguen.
 

Os acordos sadomasoquistas non corresponden á problemática da violencia familiar, a maioría das mulleres que se quedan é porque non encontran os recursos necesarios para saír.

 


Por algo lle terán pegado.
 

Non hai provocación que xustifique a violencia. Este é un mito moi arraigado, que tende a culpar á vítima e exculpar o victimario.
 

O maltrato emocional non é tan grave como o físico.

O maltrato emocional pode chegar a aniquilar unha persoa sen poñerlle unha man enriba.
 

Exclúo o violento da miña vida, e rematáronse os problemas.

 

Tan falso é ese mito que, aínda en casos de viuvez, poden chegar a estar omnipresente os mandatos e ameazas do violento.
 

Se a muller queda é porque lle gusta.
 

Hai que ter en claro que a relación de violencia é unha relación de tortura e que a persoa castigada se encontra sometida e inhibida para reaccionar.
 

Ela provócao.
 

Non existe xustificación que avale a violencia.

O que acontece nunha parella forma parte da vida privada e non hai que meterse.

Calquera vulneración á integridade humana viola os Dereitos Humanos, que son universais.