Funcionamento da páxina
Nesta páxina poderás atopar diversas funcións:
- Por exemplo, a esquerda da páxina verás un menú desplegable con distintas funcións e enlaces. Máis abaixo verás a zona de busca do sitio web, por se querers buscar algo en específico. Tamén está a zona de contacto, por se necesitas algo, aínda que temos que recordar, que non se da soporte ou axuda. Por último, na parte máis baixa da esquerda, atoparás varios cuestionarios, para ver a opinión dos usuarios sobre a situación da muller e tamén unha imaxe contra a violencia de xénero.
- Na parte centrada da páxina verás unha benvida, explicando os motivos que nos levaron a facer este portal. Tamén verás propiamente este tema do funcionamento da web.
- Para rematar, na parte dereita, atoparás a zona de novidades, na que se inclúe a benvida á nosa web. Baixando encontrarás o foro do sitio, no que poderás debatir con outros usuarios ou comentar calquera cousa. Ao final, verás o teléfono de axuda á muller, totalmente gratuito e dispoñible as 24 horas do día. E puxemos un espazo dedicado ao día internacional da eliminación da violencia contra a muller.
Benvid@*s!
Esta web nace como un proxecto para a clase de Recursos Tecnolóxicos en Educación Social, para a Universidade de Vigo, no Campus de Ourense. Somos tres alumnas de primeiro ano e, este portal, é unha práctica de clase. Nel podes atopar información moi útil e verídica sobre a violencia de xénero, a prostitución, así coma leis, vídeos de sensibilización e moitas máis cousas (recursos...).