Destinatari@*s

Este portal está destinado ao colectivo da muller: a todas aquelas que padecen ou padeceron nalgún momento violencia de xénero e a aquelas que están sometidas á prostitución involuntaria.

Nosotr@*s

Escollemos este colectivo, a muller, para facer o noso proxecto de portal porque consideramos que, hoxe en día, a muller non está o suficientemente valorada e vive nunhas claras condicións de desigualdade social.

O obxectivo principal deste proxecto é ofrecer unha información básica e verídica, que poida beneficiar e informar a todas aquelas persoas, independentemente do seu sexo, que se sintan afectadas de forma directa ou indirecta.

Por qué nace este portal?

Somos tres alumnas que estamos estudando Educación Social na Universidade de Vigo (Campus de Ourense). Este portal nace como unha actividade proposta por unha mestra; polo que é un portal ficticio, xa que non ofrecemos axuda profesional. A pesares disto toda a información aquí exposta é totalmente verídica, polo que podería ser empregada como consulta de interese.

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (ou DIEVCM), aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 54/134 o 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro, en memoria das irmás Mirabal. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a República Dominicana, co apoio de 60 países.